Que vén sendo o Cartafol?
Que é o cartafol? O Cartafol é unha base de datos da música galega. Grupos, solistas, formacións tradicionais, etc.
- E para que serve? Pois para aprendermos da nosa música e para ter onde ir buscar un contacto, unha web, etc.
- Quen fai o cartafol? O Cartafol é un proxecto que comezamos en GZmúsica pero agora temos que facer medrar entre todas.
- Como se colabora? Dentro duns días habilitaremos o rexistros de usuarios. As persoas que se rexistren poderán, entre outras cousas, subir contidos ao cartafol.
- E se non lle controlo para andar a editar? Pois podes mandar un mail a info@gzmusica.com coa info e nós encargámonos de subila ;-)
Buscar no Cartafol:
Comarca:O Barbanza
As Garotas de Ribeira
As Garotas de Ribeira son Sofía, do Porto do Son e Paola, de San Mamede, Carnota, dúas mozas que viven en Barcelona. Coñecéronse nesta cidade onde comezaron a facer rap cantado integramente en galego, que bebe da tradición da regueifa, da resistencia e ...
Ler Máis...
Os Rosales
Grupo tradicional que tamén se pode encadrar coma unha saga familiar, pois varias xeracións dunha mesma familia da parroquia de Asados, Rianxo, veñen conformando o grupo dende mediados do sé ...
Ler Máis...
Os Mordecáns
Foi no verán do 2007 cando Os Mordecáns se dan a coñecer co tema "O son do Son". Xurdidos doutras formacións musicais, os seus cinco compoñentes teñen claro que a forma de gozar dunha ...
Ler Máis...
Heredeiros da Crus
Banda de rock do Barbanza formada a comezos dos 90, a súa estrea foi na festa da Dorna de Ribeira do 1992, que logo colleitou un grande suceso, xa desde o lanzamento do seu primeiro disco, < ...
Ler Máis...