Alfolíes

  • 96.jpg

Alfolíes e unha formación moi ligada ao barrio mariñeiro de Bouzas, Vigo, e mesmo ten a súa orixe no grupo Sementeira do mar de Bouzas fundado no ano 1980 por Faustino Jesús García Pereira. No ano 1984 cambia definitivamente o nome polo de Alfolíes, mantendo a mesma formación e unha especial paixón pola música tradicional galega. Nestas etapas iniciais formou parte do grupo un moi novo Anxo Pintos.

Nesta primeira etapa o grupo vai artellando o seu son, e axiña faise un oco entre os mellores grupos da música tradicional galega, deitando a súa mestría polos escenarios de toda a Península Ibérica: Vigo, Lisboa, Granada, Madrid,… Daquela formación das décadas 80 e 90 do século XX en Alfolíes permaneceron o gaiteiro Fernando, Fidel no bombo e percusión e o fundador Suso na pandeireta e percusión tamén no século XXI. A inquedanza pola investigación e o afondamento na nosa música lévaos mudar o seu son cara ao folc pero sen deixar de conservar o respeto pola música tradicional da que moitas veces parten para facer composicións con arranxos máis vangardistas. Todo isto veu da man da incorporación de novos membros: Pais, Jose Liz e Carlos, que engadiron ademais unha nova instrumentación: Bouzouki, Djembé, flautas, acordeón... que aportou os alicerces para poder explorar estes novos camiños. Pero sen dúbida a mudanza máis importante na música de Alfolíes foi a incorporación da voz de Uxía Cribeiro, feito que produciría un auténtico cambio estilístico no grupo.

ESCOITA UN PAR DE TEMAS DE ALFOLÍES EN SPOTIFY