Home Cartafol Folk Alfolíes

Alfolíes

Comarca
Video
En activo
non

Alfolíes e unha formación moi ligada ao barrio mariñeiro de Bouzas, Vigo, e mesmo ten a súa orixe no grupo Sementeira do mar de Bouzas fundado no ano 1980 por Faustino Jesús García Pereira. No ano 1984 cambia definitivamente o nome polo de Alfolíes, mantendo a mesma formación e unha especial paixón pola música tradicional galega. Nesta primeira etapa o grupo vai artellando o seu son, e axiña faise un oco entre os mellores grupos da música tradicional galega, deitando a súa mestría polos escenarios de toda a Península Ibérica: Vigo, Lisboa, Granada, Madrid,… Daquela formación de fai 20 anos en Alfolíes permanecen o gaiteiro Fernando, Fidel no bombo e percusión e o fundador Suso na pandeireta e percusión. A inquedanza pola investigación e o afondamento na nosa música lévaos mudar o seu son cara ao folc pero sen deixar de conservar o respeto pola música tradicional da que moitas veces parten para facer composicións con arranxos máis vangardistas. Todo isto veu da man da incorporación de novos membros: Pais, Jose Liz e Carlos, que engadiron ademais unha nova instrumentación: Bouzouki, Djembé, flautas, acordeón... que aportou os alicerces para poder explorar estes novos camiños. Pero sen dúbida a mudanza máis importante na música de Alfolíes foi a incorporación da voz de Uxía Cribeiro, feito que produciría un auténtico cambio estilístico no grupo.

Novas Relacionadas:
Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto