Ardentía

  • 49.jpg

Grupo de música tradicional galega nacido en 1990 na cidade de Vigo. Ardentía destaca pola incorporación na súa música, e nos seus concertos, dunha serie de instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de música folk galega coma birimbau, clarinete ou requinta ademais dos cantos populares interpretados por homes.

O grupo fixo a súa estrea co disco compartido Para brincar no rueiro, (¿, 1996), acarón de Beladona e Crema de Gaita, para logo comezar a súa andaina que, con dous discos editados, Ardentía, (Do Cumio, 1998), Retellando, (Do Cumio, 2002?), consolidounos coma un grupo cunha traxectoria sólida nos últimos quince anos. Rumbas, xotas e muiñeiras recolleitas dos mestres gaiteiros da bisbarra de Vigo, sen esquencer os gaiteiros das montañas luguesas e as cantigas de Portugal, conforman o repertorio do grupo, onde tamén hai espazo para temas compostos polo grupo con influencias da tradición. Despois de sufrir varias mudanzas nos seus membros, na actualidade a formación de Ardentía é: Roberto Cendón, gaita e clarinete; Salvador Pérez, gaita e pandeireta; Cristobal Pascual, tambor e zanfona; Luis Prego, acordeón, gaita e pandeira e mais Miguel A. González, bombo e percusión.

No 2011 publicaron un novo traballo, Vintage.

Ardentía, ao vivo no Eicho de dar queridiña

Programa Alalá da TVG dedicado a Ardentía