A pasada fin de semana SOKRAM presentou en o seu primeiro disco en sociedade. Arroupado por varios membros da súa crew e por un feixazo de bos músicos do país, o rapeiro de Ordes debullou Chuvia Ácida, o seu primeiro disco en solitario. Até alí foi Lucía Mallo, que nos fixo de correspondente compostelá e agasallounos con estas mágnificas fotos.

16 de xaneiro, na Capitol, o hip hop de Ordes veu dar a coñecer unha nova proposta que sae desa factoría incansable. Primeiro traballo en solitario de Sokram, que podes escoitar na nosa web. Esta é a visión da fotógrafa Lucía Mallo, que estivo presente no concerto. Coma sempre, fotazas. Bótalle un ollo. E non deixes de fedellar pola internet, onde outras fotógrafas como Ada Seoane tamén subiron material gráfico do concerto.

{artsexylightbox picasaUser="gzmusicaweb" picasaAlbum="SokramnaCapitol"}{/artsexylightbox}

Aquí che queda tamén un vídeo, que anda polas redes sociais, do Sokram co Hevi a rapear e o LAR Legido dándolle a unha formigoneira. Non ten desperdicio.

{fcomments}