3K
Publicado o 2013-09-03

Da man de Xabarin Club e realizado por Segundo Grandío de "Casa de Tolos", chega ROCANROL DRAGON, un simpático video clip extraído do libro de contos con música "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" de MAGIN BLANCO. Xa á venda na tua librería preferida. Podes mercar o libro por correo en http://www.biblosclube.com/rdobuscar.aspO disco en iTunes: https://itunes.apple.com/es/album/a-nena-e-o-grilo-nun-barquino/id601677863O disco en Spotify: Magín Blanco -- A Nena e o Grilo Nun BarquiñoO primeiro conto que edita FOL MÚSICA é un libro de tamaño 23x23 cm e de tapas duras adicado ós máis pequenos. A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO está cheo de pequenas historias orixináis, cada unha acompañada da sua canción do máis exquisito e pegadizo pop, todo creado polo polifacético MAGIN BLANCO. Decorado con fermosas ilustracións a cargo de LEANDRO LAMAS e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escrebir e dibuxar o seu propio libro. Toda unha experiencia novidosa para eles!.A NENA E O GRILO lévannos río abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capítulos, coas correspondentes cancións, continuan achegándo se ao mundo dende a óptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.Nesta nova entrega as historias teñen unha dimensión maís próxima a narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención máis poética.Coa edición preténdese estimular a curiosidade e a creatividadedos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva.Con todo, non nos resta maís que desexar: boa viaxe!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.