517
Publicado o 2021-08-03

Nesta entrega #15 o noso artista convidado é AtrapGz baixo un beat de Volk Gz. ATRAPGz é un artista ourensán de 23 anos de idade que tras varios anos na sombra decide sacar a súa primeira canción en castelán no ano 2016, para posteriormente, no ano 2019, sacar a súa primeira canción en galego que recibiría o nome de “Sempre Avante”. De cativo viviu no casco vello da Cidade das Burgas, onde a prostitución e as drogas estaban moi presentes, o que fixo que comezara a preocuparse pola situación das persoas pobres e formara parte activa do movemento estudantil da cidade dende os 14 anos. As súas letras tratan de ser un libro aberto da súa vida no que amosa tanto as súas experiencias persoais coma os valores que considera “debería ter todo o mundo”, centrados no respeto, a xustiza social e a defensa dos pobres. Letra: ATRAPGz Base: VolkGz Vídeo: Bea Cándido.