573
Publicado o 2021-09-25

HUGO GUEZETA é sobradamente coñecido nos submundos do rap galego. Membro de SON DA RUA, ten o seu nicho asegurado seguindo a longa estela do rap combativo galaico: "díxome unha voz que o hip hop non ten trono, e queren conseguilo sen pasar pola miña zona". Sobre un beat simple e cru producido por ALEX ARNOSO, déixanos as cousas claras, aínda que só lle demos oito minutos e medio. Voz e letra: Hugo Guezeta. Produción: Alex Arnoso. Mestura para Del Tirón: Toxo Rabudo. Dirección, gravación e montaxe: Juancho Everman e Toxo Rabudo. Unha iniciativa de CLN Prods.