955
Publicado o 2022-07-22

Escrito, dirixido e producido por "A Cova" (2022) Booking: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Eu non quero ser galego E escachar con humor rancio E facer chistes de leiras De pelexas polos marcos Eu non quero ser galego Dos que da terra renegan Marchan do asco e non o pasan ben Dalles morriña e queren volver Deixa o galego na casa Non vaias ser galeguista Mais non falen mal da empanada Que ti es gastro-nacionalista Eu non debo ser galego Nunca voto aos que gobernan E licorca nunca bebo Non meto fariña e non sei bailar muiñeira! Nin gheada nin seseo Fálame o normativo Ay perdona soy de Vigo! Y gallego no te entiendo... Eu galego non che entendo E non é bo paraos nenos Adoctrinados vendo o Xabarín Estanse a perder o clube Megatrix Toda a vida cun cacique: Sen problema é dos nosos Que sabemos que nos rouba Pero peor son os rojos Xa mo dixeron no norte Teño alma portuguesa En SAMIL paso os domingos Gosto de azulexos nas fachadas e da feira!