398
Publicado o 2024-01-25

Con Barco á deriva, MJ volve musicalmente ás súas orixes, pero cun aire totalmente renovado froito dos seus 10 anos de traxectoria. Neste Barco á deriva, MJ roza o lamento cantando con forza, chea de raiba. Unha canción que nace da frustración da propia artista e do seu entorno, de sentir como a súa xeración traballa e loita a diario por facer a súa vida, por labrar un futuro, pero a medida que pasan os anos, e a pesar do esforzo, é tremendamente complicado. Mais, a pesar do aparente negativismo, a realidade é que Barco á deriva é un berro; un desafogo, unha reivindicación, unha posta en valor de que, pese a frustración, esta é unha xeración que segue adiante con todo.  A peza audiovisual que completa Barco á deriva está íntegramente rodada na Ribeira Sacra. De feito, a contorna e a súa calma son protagonistas principais nun videoclip no que MJ Pérez presenta a soidade coma un dos elementos principais, así coma a énfase desa sensación de estar perdida e sen rumbo.  ?A canción? Composición: MJ Pérez Producido por: MJ Pérez, Iago Blanco e Peter Petrowski Batería: Iago Blanco Guitarra Eléctrica: Alberto Romero Guitarra Acústica e Voz: MJ Pérez Gravación, Mistura e Máster: Iago Blanco - Drum&Roll Studios ?O videoclip? Producido por MJ Pérez Dirixido por Iago Vilarinho, Gustavo Dieste e MJ Pérez Dirección de Fotografía: Iago Vilarinho Dirección de Arte: Gustavo Dieste e Pablo Lomba Maquillaxe e Perruquería (interiores): Patricia Buján Produción Executiva: MJ Pérez e Pablo Lomba Produción de Campo: Toxo Verde - Clara Seco e José Pereira Edición e Montaxe: MJ Pérez Cor: Ro López Making Of: Jose Pereira -------------------------------------- Colaboración Especial e agradecementos: Juan Millara - Turismo Pantón José Luis - Talleres Escairón Praia Fluvial d´A Cova Restaurante & Ocio Dina Ferreira Localizacións: Dolme de Abuime (Concello de O Saviñao) Santuario de Fátima (Concello de Chantada) Illa de Maiorga ou Porcís (Concello de Ferreira de Pantón) Penedo do Garabullo (Concello de Carballedo) LINKS: Facebook:   / mjperezmusic​   Instagram:   / ​   Twitter:   / chamanmemj​   Spotify: https://open.spotify.com/artist/0UH6v... Bandcamp: https://mjperez.bandcamp.com​ WEB: mjperez.net Newsletter: https://mjperez.us21.list-manage.com/...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.