1.1K
Publicado o 2020-04-27

Grazas a Gabri de Dakidarría e a Vituco de Ruxe Ruxe por colaborar con nós nesta homenaxe ao músico galego Suso Vaamonde, e á súa mítica canción Uah! Gravada, misturada, masterizada e producida por Iago Pico nos Pousada Son Studios de Santiago de Compostela. O videoclip está gravado e editado por Guille L. Malkeda. CONTRATACIÓN: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 644 97 58 24 (ARA Innovación Musical) Canle de Dakidarría: https://www.youtube.com/user/dakidarria Canle de Ruxe Ruxe: https://www.youtube.com/channel/UCGV9... Suso Vaamonde, nado en Ponte Caldelas o 20 de decembro de 1950, foi un famoso cantautor galego que, dende a súa ceda xuventude marcada polos derradeiros anos da ditadura, comprometeuse coa causa galeguista, nacionalista e antifranquista. Sempre coa guitarra crioula entre os brazos e unha alma comprometida estoupando na súa gorxa, versionou cancións populares do noso pobo e berrou sen descanso pola súa liberdade. En xuño do 79, namentres se realizaba un recital en Pontevedra recentemente instaurada a democracia postfranquista, engadiulle unha estrofa durante a súa actuación ao famoso cantar popular galego “Uah!”: Cando me falan de España Sempre teño unha desputa. Que se España é a miña nai Eu son un fillo de puta. Tras cantar esta derradeira estrofa a unha sociedade aínda non acostumada á liberdade de expresión, foi condenado ás cadeas por inxurias contra a patria a 6 anos e optou por exiliarse primeiro en Inglaterra, seguidamente en Alemaña e, finalmente, en Venezuela. Após catro anos fóra do país, en 1984 decidiu voltar e entregarse ás autoridades agardando por un indulto que, 46 días máis tarde, concederíaselle. Por esta razón, converteuse no primeiro preso político da democracia española. Finou no ano 2000 en Vigo tras unha curta pero intensa vida de música e loita. O seu nome era Xesús Vaamonde Polo, coñecido polo seu nome artístico: Suso Vaamonde. Máis cedo que tarde tiñamos que facerlle unha homenaxe. Sempre Suso! Sempre ceibes! O noso último single homónimo: https://youtu.be/tmm4lsjaF8Espan style="margin: 0px; padding: 0px; border: 0px; background: #f9f9f9; color: #030303; font-family: Roboto, Arial, sans-serif; font-size: 14px; white-space: pre-wrap;" mce_style="margin: 0px; padding: 0px; border: 0px; background: #f9f9f9; color: #030303; fo

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.