3.5K
Publicado o 2016-12-05

O tema, A Peza Solta, é unha reedición dun dos temas do seu último disco "Guerrilleira", que experimenta unha transformación notoria coa incorporación da banda e a colaboración especial da poeta coruñesa Lidia Bao. Un tema que comeza na máis absoluta paz e remata cun ritmo do máis potente.

O videoclip ten como protagonista principal á mesma da propia canción: a memoria. Un videoclip producido pola propia María José e O Valse, coa fotografía de Rubén Gasalla e a dirección artística de Pablo Lomba, protagonizado por Lidia Bao e a propia MJ.