ASOC. CULTURAL GALUNK
A Asoc. cultural Galunk, é unha asociación cultural sen ánimo de lucro creada en Galiza para a difusión da música punk/folk/rock e das bandas máis comprometidas, tanto a nivel galego como estatal.
Fundada no ano 2016 a asociación busca xerar un movemento musical en irmandade coas bandas e outros colectivos culturais para a creación de proxectos como o "ZÓUPALLE FESTIVAL", primeiro circuito de música punk/folk/rock na Galiza.
Como parte deste traballo de apoio e difución, preséntase "Soamente unha canción", videoclip musical para a banda galega RUXE-RUXE, pertencente o seu novo traballo - 20'' - publicado a finais de 2016.
Produción audiovisual de "GALUNK"
Co-producido por Néboafilms
Cámara e edición por Alberto Lora