1.5K
Publicado o 2019-12-16

¿A que sona Galicia? ¡Galicia ten "Músicas de Domingo"! Primeiro videoclip do disco "Músicas de Domingo" de Nelson Quinteiro e Brais González con banda sonora do tema "O Paxaro" que abre o noso vindeiro traballo discográfico. Un tema de música tradicional galega cun arranxo moi especial para piano, percusión e contrabaixo de Brais Gónzález e voz de Nelson Quinteiro. A interpretación conta con Blas Castañer á percusión e Raquel Miguélez ao contrabaixo. Con mestura e masterización de Gerardo Amigo (Fundación SGAE). Para presentar o primeiro clip do noso disco escollimos o video "Making Sounds" do cineasta e documentalista Dani López (Mandeo Records) que encaixaba como anel ao dedo coa natureza e espíritu que buscabamos para dar cobertura visual a este tema. Paisaxes e sons que encaixan coa nosa identidade, que dan conta do infinito tesouro do noso patrimonio ecolóxico, musical e inmaterial e sobre todo, da nosa calidade artística e profesional como pobo, representada en parte pola nosa música pero, sobre todo, na figura de Dani López e do seu equipo, todo un referente internacional, ao quen non dubidamos en homenaxear. Un concepto singular de videoclip para un traballo tan singular como "Músicas de Domingo", que leva a música tradicional a unha coordenada sorprendente e orixinal. Viva Galicia e as súas músicas, as súas xentes, as súas paisaxes e os seus profesionais!!!!

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.