6.2K
Publicado o 2016-06-29

O día 30 de abril de 2016, Luar Na Lubre ofreceu un pequeno concerto nunha das terrazas do Albergue Bela Muxía situado na vila de Muxía, na Costa da Morte.
O grupo xunto co público, foron os protagonistas da gravación de Contraproducións, coa colaboración de Rubén Prieto (dron), dando lugar ao novo videoclip da banda, que presenta á súa nova violinista, Antía Ameixeiras.
The Sailor's Hornpipe/Pasacorredoiras é o título das tres melodías que compoñen este tema, sendo a primeira delas 'The Sailor's Hornpipe', unha antiga e popular danza mariñeira orixinaria das illas británicas e que xunto cas dúas melodías que a seguen, Pasacorredoiras de Poio (Pontevedra) e de Vilalba (Lugo), extraídas do prestixioso cancioneiro galego de Castro Sampredro e Folgar, combinan unha frenética danza que invita ao movemento e á festa.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.