2.4K
Publicado o 2013-03-25

Kathaarsys "Rara Vez" (2012) video of the song "Manipulación"Buy Now: https://www.paypal.com/cgi-bin/webscr?cmd=_s-xclick&hosted_button_id=8JTRN98DUYEKWKathaarsys Official Website:www.kathaarsys.t15.org‎"-¿Quén es ti?-Non sei, simplemente estou.-Logo non es.-¿Porqué estabas nesa caixa?-Non o sei. Pouco a pouco fun quedando presa, primeiro non me podía mover coma antes, logo perdín a capacidade para pensar e logo... agora decátome de que depois desto simplemente me olvidei de porqué non me podía mover coa liberdade de antes. A caixa foise facendo máis e máis pequena e fóra o mar convertiuse na única realidade.-Logo non es, e xa comezas incluso a non estar. Na túa caixa so había medios de comunicación, información, pero todos ese medios estaban claramente manipulados, ¿por qué?-Tampoco o sei. Non podo evitalos.-¿Intentáchelo?-Estouno facendo agora, só desde que vos aparecéstedes comezo a pensar con claridade e véñenme á lembranza imaxes, mensaxes de algo que estaba antes pero que non podía ver e algo que aínda que non podo ver segue estando agora.-Cando dis "algo que aínda non podo ver segue estando" refíreste a ti mesma, ¿non é certo? Refíreste a que segues téndote a ti mesma dalgún xeito aínda que xa o comezaras a olvidar-Penso que sí. E cando digo "algo que estaba antes pero que non podía ver" estou dalgún xeito referíndome ao mesmoHoubo un tempo no que a natureza era perfecta pero xurdiu unha imperfección, xurdimos nós, e estragamos ata a lei natural máis básica: a existencia. Deixamos de ser para só estar pero logo comezamos nin sequera a estar, comezamos a destruirnos a nós mesmos e a todo o que nos rodeaba sen saber sequera porqué..."(Transcripción do texto por Jaime Tomé Argibay)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.