784
Publicado o 2020-02-17

Nesta entrega #9 o noso artista convidado é o Amorodo desde Arbo baixo un beat de Volk Gz. Amorodo é un artista de Arbo que comezou a súa andaina no rap no ano 2018, e no ano 2019 sacou a súa primeira maqueta "O clube das moitas" así como varios temas inéditos, e colaboracións con rapeiros como Nowis ou R3 do grupo Gesto Feo Rap. Amorodo ademais de facer rap, escribe contos e poesías dende cativo, e é esa mesma polivalencia a que traslada aos ritmos. Produción instrumental: Volk GZ https://www.youtube.com/user/TintaReb... Mastering, mestura e gravación: N.Rodriguez https://www.youtube.com/channel/UC98-... Canle de Amorodo: https://www.youtube.com/channel/UCmwz...