Axenda

Mamá Cabra
domingo 31 marzo 2019, 18:00
Vistas : 268

Mamá Cabra presenta o espectáculo músico-teatral:  'Eu cociño. Ti cociñas?'

Data:  próximo domingo 31 de marzo ás 18.00h

Lugar:  Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela, 15782 )

Con esta nova produción o grupo decano da música infantil en Galicia volve ó formato músico-teatral co que se estreou con ‘15 primaveras’ o espectáculo co que no 2015 celebraban os seus quince anos facendo música para grandes e miúdas; no 2017 chegou ‘Paxaro amigo. Musicas para a Paz’ e esta ‘Eu cociño. Ti cociñas?’ é a terceira produción escénica na que Luìs Iglesias ‘Luchi’ acompaña en escena à formación musical Mamá Cabra. Nesta ocasión a formación musical estará composta por Gloria Mosquera, lider, vocalista e guitarrista da formación que estarà acompañada no directo por Tomi López no baixo, Iago Rodríguez na batería, Harry Price no violìn e Luchi Iglesías será o encargado da parte escénica, na que inclúe traballo actoral e manipulación de obxectos e bonecos.

È este un espectáculo que nace dun traballo educativo do que os e as verdadeiras protagonistas son o alumnado do CEIP de Sigüeiro (Oroso) no que desenvolven unha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para desenvolver día a día as clases e desta proposta naceron as cancións que compoñen o album-cd ‘Eu cociño, ti cociñas?’ editado por Galaxia na colección Sonárbore.

“Eu cociño, ti cociñas?” é unha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado. Gloria Mosquera e Tomi López levan anos colaborando con este proxecto, aportando as cancións que acompañan o día a día destas nenas, nenos, mestras e familias, e estas son as cancións que compoñen o traballo editado pola Editorial Galaxia na colección ‘Sonárbore’ Levar a escena todo este traballo musical, pedagòxico e escénico despois de meses de traballo co director da peza Pablo Sànchez foi un soño feito realidade despois de todo traballo educativo que o levou a termo.

Lugar: Auditorio Abanca - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.