Mamá Cabra presenta o espectáculo músico-teatral: 'Eu cociño. Ti cociñas?'
Data: próximo domingo 31 de marzo ás 18.00h
Lugar: Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela, 15782 )
Con esta nova produción o grupo decano da música infantil en Galicia volve ó formato músico-teatral co que se estreou con ‘15 primaveras’ o espectáculo co que no 2015 celebraban os seus quince anos facendo música para grandes e miúdas; no 2017 chegou ‘Paxaro amigo. Musicas para a Paz’ e esta ‘Eu cociño. Ti cociñas?’ é a terceira produción escénica na que Luìs Iglesias ‘Luchi’ acompaña en escena à formación musical Mamá Cabra. Nesta ocasión a formación musical estará composta por Gloria Mosquera, lider, vocalista e guitarrista da formación que estarà acompañada no directo por Tomi López no baixo, Iago Rodríguez na batería, Harry Price no violìn e Luchi Iglesías será o encargado da parte escénica, na que inclúe traballo actoral e manipulación de obxectos e bonecos.
È este un espectáculo que nace dun traballo educativo do que os e as verdadeiras protagonistas son o alumnado do CEIP de Sigüeiro (Oroso) no que desenvolven unha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para desenvolver día a día as clases e desta proposta naceron as cancións que compoñen o album-cd ‘Eu cociño, ti cociñas?’ editado por Galaxia na colección Sonárbore.
“Eu cociño, ti cociñas?” é unha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado. Gloria Mosquera e Tomi López levan anos colaborando con este proxecto, aportando as cancións que acompañan o día a día destas nenas, nenos, mestras e familias, e estas son as cancións que compoñen o traballo editado pola Editorial Galaxia na colección ‘Sonárbore’ Levar a escena todo este traballo musical, pedagòxico e escénico despois de meses de traballo co director da peza Pablo Sànchez foi un soño feito realidade despois de todo traballo educativo que o levou a termo.