Entrevistas


GZmúsica estrea colaboración con Mulleres Galegas Kañeiras e Músicas Galegas Ilustradas. Imos tentar colaborar na visibilización da presenza feminina nun panorama tan masculinizado como é o da música, nomeadamente nos estilos máis duros, como rock ou heavy. E para iso poñemos as nosas cámaras ao servizo da coñecemento musical de Patty para que, xunto cos debuxos de Laura, poidamos achegarvos mensualmente unha entrevista a fondo con algunha destacada música do país. E a primeira, con disco quentiño do forno que se presenta mañá en Cambados, é Paulinha.

Decembro de 2018, Pontevedra ateigase de cine da man do Festival Novos Cinemas, pero este ano non só trae cine senón que ven acompañado dunha ampla programación musical. Achegámonos ata a sesión vermú do sábado, presentación do proxecto Galician Bizarre III e música a cargo de Esposa.


Achegámonos á que é a Feira das Industrias Culturais de Galiza -o Culturgal-. No sábado día 1 de Decembro puidemos falar cos NAO, tan só uns días antes da presentación en sala do seu derradeiro traballo "Ata que o lume se apague". Ao culturgal tamén foron presentar un petisco de dito disco xa que foron os encargados de pecha-lo espazo carpa, rematando o pequeno directo rodeados de amigos.

Dakidarría publica hoxe o seu novo EP, Filosofía incendiaria, noveno traballo en 15 anos da banda do Val Miñor. Aproveitamos a ocasión para recuperar a nosa sección de entrevistas e falar un pouquiño con Gabri, o cantante do grupo. Velaquí tes o que lle contou onte ao noso compañeiro Lavesedo. E de paso, podes escoitar as 5 cancións que compoñen o novo EP de Dakidarría.

Igual xa as viches por algún festival, gravando e sacando fotos. Ou quizais es seguidora da súa Youtuber, Catuxa. Se non é así, presentámosche un novo proxecto arredor da música galega, Galicia Fest. Un proxecto multiplataforma que naceu como TFG de catro alumnas da Universidade da Coruña e que hoxe mesmo foi apresentado diante do tribunal, que as felicitou polo traballo e as animou a continuar. Cadramos con 3 delas, Julia, Cris e Berta en Combarro hai unhas semanas. Foran até alá para entrevistar un dos organizadores do Armadiña Rock, Afonso Vilanova, e nós aproveitamos para tomarlle un refresco -houbo quen se atreveu coa cervexa con ghasiosa- na vila mariñeira e falar un chisco con elas.

Hai agora un mes, Uxía e Narf levaron até A Arxentina as súas Baladas da Galiza Imaxinaria. Corrientes, Formosa e Bos Aires acolleron diversos concertos da dupla de músicos galegos. Cecilia Martínez estivo no derradeiro concerto da xira, en La Bilioteca Café o 4 de febreiro. Envíanos desde Bos Aires a crónica do concerto e unha entrevista con Uxía, realizada ao remate da actuación. Viaxe transatlántica de ida e volta, sempre polos vieiros da Galiza Imaxinaria.  

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.