Grupos


O artista viveirense publicou o pasado 10 de xuño o seu novo EP, 6 a.m.ORES, un traballo composto por seis cancións no que experimenta con ritmos novidosos no seu repertorio, afastándose lixeiramente dun estilo até agora máis vencellado ao hip-hop, para demostrar a súa versatilidade artística e abrir unha nova etapa musical. No proxecto colaboran artistas coma Kid Mount, Yuly, LANASA ou Rodro.

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha lámina asinada pola banda de agasallo, vendéronse en poucas horas.

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e Marta Ferrer.

PAVA, a banda de pop liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao, vén de publicar nas principais plataformas dixitais O himno da lesión, a súa nova creación. Trátase do segundo e novo avance do que será PAVA 3, o terceiro EP do grupo, e que verá a luz antes de que remate o ano.

'Desfacer' é o primer sinxelo adianto do que será o novo traballo de estudio de Michu da Rocha, unha ácida canción funky, que fala en tono irónico do desexo sexual a través dunha cama desfeita. Gravado en Escusalla Sonora e con videoclip de Juancho Everman, o tema mostra a irreverencia e o humor que marcan as letras da banda.

O tema supón unha nova versión da canción "Movimiento", incluída no álbum da banda vizcaína El Presente, dando como resultado un tema fresco e diferente do orixinal e no que as galegas achegaron un novo son moi influenciado polas súas raíces tradicionais.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.