Mañá, mércores 14 de marzo, venres 16 e sábado 17, a cantautora arzuá subirá aos escenarios do país para seguir a presentar "Casandra", terceiro disco da súa carreira, primeiro de estudio. Carballo, Laxe e Moaña gozarán co directo de MJ Pérez, acompañada de toda a súa banda esta cuarta-feira en Carballo, en formato reducido nas outras dúas datas.
A nova e fantástica sala de Mos, localizada no CSCD As Pedriñas, continúa coa súa programación musical despois de abrir as súas portas o pasado ano. Esta fin de semana, serán as bandas Habelas Hainas e Voodoo as encargadas de poñer música nun local que está chamado a se converter no referente para a música ao vivo no sur do país.
Cuarta Xusta é un grupo de rock que naceu en 2016 da man de Aida, Marta, Lúa, Alberto e Alba, pero é agora cando nos veñen presentar o seu primeiro disco. Será o próximo 10 de marzo no Pub Gatos de Melide. O álbum, que leva por título “Un novo espertar” sairá ao mercado xusto o día despois da presentación.
Ler máis: O grupo melidense Cuarta Xusta presenta o seu primeiro disco
A sala Capitol acollerá o vindeiro 10 de marzo a presentación da nova formación da banda, nunha festa que leva por nome A Casa da Tolemia. Alén de ser o pistoletazo de saída da xira 2018 coa nova formación do grupo, na festa tamén actuarán Boyanka Kostova e Copa Turbo. Señora, señor, xa o sabe, se vostede quere entrar na Casa da Tolemia, non dubide en seguir as aventuras e desventuras da Terbutalina.
A banda coruñesa publica o seu terceiro álbum de estudio cun total de dez
cancións, entre composicións propias e versións do cancioneiro popular.
As entradas para o concerto en Compostela, 17 de febreiro na Sala Capitol, pódense adquirir xa
na web
da sala. Ademais, a xira continúa 23 de febreiro na Fundación de Melide e o 9 de
marzo no coruñés Club Garufa.
Ler máis: Tiruleque lanza 'Outro que tal baila' e inicia xira de presentación o 17 en Compostela
Venres 9 de febreiro e martes 13 do mesmo mes, Xinzo e Compostela acollerán, respectivamente, os concertos cos que a banda ourensá celebra os 10 anos sobre os escenarios. Foi o 30 de decembro de 2007 cando subiron por vez primeira, como Sonoro Maxín, a un escenario na súa cidade natal despois duns meses de ensaios e queren festexalo con todas e todos nós neste entroido.
Ler máis: Xinzo e Compostela festexan os 10 anos do Sonoro Maxín