A Ponte dos Concertos é unha iniciativa nacida no Estudio A Ponte de Compostela. Trátase dunha sala de concertos en streaming, onde poder achegarse á experiencia dun concerto ao vivo nun local. Paco Nogueiras estreou este formato o pasado 16 de maio e agora é a quenda de Fernando Barroso, que estará este xoves 21 de maio ás 19:30h, entradas a 8€ en apontestudio.com, cos temas do seu terceiro disco, Xograr, publicado este ano.
Ler máis: Fernando Barroso mañá xoves na Ponte dos Concertos
Os días 28 e 29 de febreiro O Sonoro Maxín volven aos escenarios tras un ano de silencio. Presentan un novo espectáculo cheo de cumbia, festa e verbena. A banda retoma os instrumentos para amosar que continúan sendo a alma da festa. Santiago e Mos serán os lugares que verán a volta do Sonoro Maxín. Despois dun período de parón e tras a saída de Cris Asenjo, a banda ourensá volve aos escenarios con formación e azos renovados para seguir o seu apostolado cumbieiro ao longo do país.
Ler máis: O Sonoro Maxín presenta nova formación esta fin de semana
Foron anunciadas as primeiras datas da xira 'A Revolución non será televisada' dos Resentidos.
A Coruña en marzo e Compostela en abril, recibiranos en dúas citas inesquecibles. A histórica banda anuncia ademais o segundo novo single desta volta, 'Money for free', que presentarán antes da fin de febreiro.
Hoxe, sexta feira 14, Ruxe e mañá, sábado 15, Monoulious Dop levarán até a sala Capitol os seus discos novos. 'O estraño falar dun monstro da aldea', no caso dos de Aríns e 'Black Álbum', o traballo dos de Noia, 2 discos ben diferentes dos que che falamos neste artigo. E lembra, claro, que non tes que escoller. Podes perfectamente facer dobrete e gozar dunha finde óptima.
Ler máis: Ruxe Ruxe e Monoulious Dop presentan disco esta fin de semana en Compostela
Seguen os crowfounfings na música galega. Mentres Arrhythmia superan o 50% no seu, Los Jinetes del Trópico presentan o micromecenado para o seu primeiro disco. Entérate de como facelo e colabora coa música galega. Máis vale deixar os cartos na terra que ciscalos polo mundo no Amasón ou no Alisprés.
Ler máis: Campaña de micromecenado de Los Jinetes del Trópico