Seguen os crowfounfings na música galega. Mentres Arrhythmia superan o 50% no seu, Los Jinetes del Trópico presentan o micromecenado para o seu primeiro disco. Entérate de como facelo e colabora coa música galega. Máis vale deixar os cartos na terra que ciscalos polo mundo no Amasón ou no Alisprés.


O grupo, nacido en Monforte pero afincado en Vigo, escolleu a opción do crowfunding para sacar o seu primeiro disco de estudio. Tras 4 anos de andaina, Toñyto García, Fernando Estévez, Xan Pérez e Diego Pazo queren plasmar os seus ritmos tropicais nun traballo que, prometen, estará cheo de temazos en galego.

Estes catro rapaces, tras o seu paso por algúns dos principais festivais, festas e salas do país, decidiron dar o paso e meterse no estudio, onde xa preparan o traballo “Cabalgando pola Ría”. Para iso puxeron en marcha un Verkami co que agardan acadar os 2500 euros precisos para que este álbum vexa a luz, eles poñen a outra metade do presuposto, alá polo mes de febreiro. A falta de máis de 20 días inda estás a tempo de colaborar con eles, e recibir algunha das recompensas coas que premiarán as vosas achegas. Incluso pode ser que algunha idea túa forme parte das cancións que conformen o disco.



Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.