GZmúsica TV - Temporada 1

O Episodio Especial Revenidas de GZmúsica TV emitiuse o venres 16 de agosto ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Desta volta, a DiscoTasca de GZmúsica TV desprazouse até Vilaxoán para gozar cos 3 días do Festival Revenidas. De aí saíu este especial de 100 minutos de duración, no que poderedes ver o que aconteceu no festival da vila do Salnés.

O Episodio 12 de GZmúsica TV emitiuse o venres 31 de maio ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Desta volta, pola DiscoTasca de GZmúsica TV pasaron os novo videoclips dos Vacalouras, Terbutalina e Arrhytmia. Tamén viñeron dous dos organizadores do OuBeade e fomos até a Pinchada con Pinchos que se celebrou en Cangas.

O Episodio 11 de GZmúsica TV emitiuse o venres 24 de maio ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Desta volta, pola DiscoTasca de GZmúsica TV pasan Chek Selektah e os novo videoclips de Sés e Pito de Pikasso. Tamén fomos até o Aturuxo para falar un chisco cos Nao e asistir ao último concerto de presentación de "Cancións de amor e liberdade", o seu último traballo.

O Episodio 10 de GZmúsica TV emitiuse o venres 17 de maio ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Para gravar este Episodio desprazámonos até o Reperkusión, a Bemposta para falarmos cos protagonistas desta edición que se celebrou a fin de semana anterior. Falamos cos/coas protagonistas galeg@s do Reper 2013

O Episodio 9 de GZmúsica TV emitiuse o venres 10 de maio ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Para gravar este Episodio desprazámonos até Salceda de Caselas para falarmos cos protagonistas da VI Festa Treze-Cartorze que se celebrou nesa vila. Entre eles, os rexurdidos Caimán do Río Tea.

O Episodio 8 de GZmúsica TV emitiuse o venres 03 de maio ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Parqa gravar este Episodio desprazámonos até Silleda para falarmos con varios dos grupos participantes no Festival Solidario co Sáhara que se celebrou nesa vila. E presentamos en exclusiva Contra Todo, novo videoclip de Ruxe Ruxe.

12 Decembro 2024

SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...

05 Decembro 2024

Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...

04 Decembro 2024

O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...

03 Decembro 2024

PAVA, a banda de pop liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao, vén de publicar nas principais plataformas dixitais O himno da lesión, a súa nova creación. Trátase do segundo e novo...

02 Decembro 2024

'Desfacer' é o primer sinxelo adianto do que será o novo traballo de estudio de Michu da Rocha, unha ácida canción funky, que fala en tono irónico do desexo sexual a través dunha cama desfeita....

01 Decembro 2024

O tema supón unha nova versión da canción "Movimiento", incluída no álbum da banda vizcaína El Presente, dando como resultado un tema fresco e diferente do orixinal e no que as galegas achegaron...

25 Novembro 2024

A banda de rock muradá presentou o 21 de novembro o último adianto do seu novo álbum coa súa canción máis festiva e innovadora. No 2019, Deleiba presentábase ao público con El Último Eslabón e...

20 Novembro 2024

Hai un par de semanas Taín comezaba 'Dende a aldea', unha serie de vídeos gravados na contorna natural da súa aldea, na que promete interpretar temas seus e o "que lle apeteza". Polo de agora leva...

19 Novembro 2024

O primeiro LP da artista galego-arxentina é un disco creado “para bailar”, no que teñen cabida a electrónica, o afrobeat ou mesmo o reggaeton Os coidados e a comunidade, os instrumentos de raíz, a...

19 Novembro 2024

Desde a plataforma de bandas Grupos de Vigo en Loita seguen a reclamar a reapertura do espazo localizado no monte do Castro de Vigo, que conta cun local de ensaio e outras instalacións dirixidas á...

19 Novembro 2024

A gala dos Premios da música e da poesía galego-portuguesas aRi[t]mar unirá de novo as dúas beiras do Miño nun acto que decorrerá a vindeira sexta-feira 22 de novembro, no Auditorio de Galicia de...

12 Novembro 2024

Os Abrentes de Cerdedo, organizan unha charla sobre música galega no CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo dentro do proxecto “A Defensa da Música Galega”. O vindeiro 15 de novembro, Gabriel Pazos,...

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.