O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e Marta Ferrer.
ABRIL presenta ‘Arredor da mesa’ un single cociñado a lume lento xunto ás amigas. O novo tema é unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, recollida por Xisco Feijoó e con letra orixinal dePetra Iglesias e Claudia Abril. “O que fai tan especial este traballo é que todas as persoas que colaboraron, dende a gravación da canción ata o videoclip, son amigas nosas e todas dedicaron as súas enerxías a axudarnos. Querémosllo agradecer enormemente.”
O dúo formado por Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (Violín e voz) bebe dasmúsicas de raíz e achega unha proposta moderna, delicada e íntima que comparten encomunidade. ‘Arredor da mesa’ é, precisamente, unha oda ao amor das amigas, un canto que expresa o importante que é coidalas, desfrutalas e querelas ben. Para transmitilo, ABRIL contou coas amigas e propúxolles participar do proxecto cantando, tocando, escribindo as cantigas,producindo e dirixindo o vídeo.
No videoclip amósase un imaxinario no que as amigas son casa: un grupo de “nenas perdidas”que viven xuntas, desfrutan de coidarse, acompañarse, cociñar, xogar, cantar e tocar. Un luga rseguro e amoroso no que todo é de cores vivas. Ao longo do audiovisual observamos un día calquera na vida deste grupo pintoresco: dende que espreguizan e quitan as lagañas ata que bailan e quedan rendidas ao carón do lume entoando os últimos ‘ailás...’. O equipo creativo formada por Miguel Méndez, Marta Ferrer e Petra Iglesias consegue trasladarnos a este lugar doque xa non queremos marchar e onde son fundamentais os deseños e a elaboración do fantasioso menú de Joana Lamarca.
‘Arredor da mesa’ foi posible grazas á colaboración do programa Sonemerxente da Fundación Paideia, dos Estudios Mans e do financiamento da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). O novo single é un adianto do primeiro traballo discográfico que ABRIL ten previsto publicar en 2025.