Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha lámina asinada pola banda de agasallo, vendéronse en poucas horas.
16 de maio 2025 será a data de despedida deste disco tan especial. Será un concerto único, con colaboracións que se irán presentando ao longo das vindeiras semanas. As entradas xa están á venda a través da plataforma Entradium.
En palabras do Nervo:" Este disco merece un peche por todo o alto. Xamais imos esquecer o que nos deu Amor ou Barbárie, imos levar cada son e cada sentimento no noso peito por sempre. Para nos pechar este ciclo con toda a xente que está o noso carón sin ningún tipo de condición é o que precisamos para arrancar a puro lume esta nova etapa da banda. A Rebeliom do Inframundo é un movemento; imos queimar a fodida Capitol todas xuntas".