Desde a plataforma de bandas Grupos de Vigo en Loita seguen a reclamar a reapertura do espazo localizado no monte do Castro de Vigo, que conta cun local de ensaio e outras instalacións dirixidas á mocidade viguesa. Hoxe, 21 de novembro, fanse dez anos desde que o concello de Vigo fechara o espazo para, teoricamente, arranxar un problema de humidades. A plataforma é moi crítica co goberno municipal , despois de o voceiro do grupo socialista cualificar hai pouco o `Súbete ó Castro' de fracaso estrepitoso. O colectivo tamén sinala os continuos incumprimentos das promesas do alcalde, Abel Caballero.
A gala dos Premios da música e da poesía galego-portuguesas aRi[t]mar unirá de novo as dúas beiras do Miño nun acto que decorrerá a vindeira sexta-feira 22 de novembro, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. A compañía Chévere será a encargada da presentación. Máis de 12.000 votos populares decidiron os gañadores desta novena edición dos premios.
Ler máis: A gala dos premios aRi[t]mar será o 22 de novembro en Compostela
Os Abrentes de Cerdedo, organizan unha charla sobre música galega no CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo dentro do proxecto “A Defensa da Música Galega”. O vindeiro 15 de novembro, Gabriel Pazos, presidente da asociación, impartirá unha charla interactiva sobre música galega no CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo, dentro do proxecto “A Defensa da Música Galega”. Esta iniciativa, impulsada pola recente creación da Escola de Música Tradicional dos Abrentes, busca achegar a riqueza musical e cultural de Galicia aos máis novos.
Este encontro, que vai xa pola súa sexta edición, terá lugar o vindeiro domingo 10 de novembro no Centro Sociocultural do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela. Tradición en feminino concibiuse como un espazo no que visibilizar e revalorizar o papel da muller no eido da música tradicional.
Ler máis: A Asociación de Gaiteras Galegas organiza unha nova edición de “tradición en feminino”
O Encontro de Música Aberta da Fundación Paideia Galiza celebra a súa primeira edición na Coruña o día 6 de novembro. O EMA é unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia parasintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e lúdica aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networkingO I Encontro de Música Aberta (EMA) terá lugar estemércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco–Quinta Avenida, 91), baixo o lema “Estamos en sintonía”
Ler máis: Nace o Encontro de Música Aberta da Fundación Paideia Galiza
17 de maio, día das Letras, quixemos compartir convosco esta viaxe polo hip hop feito en galego e portugués ao longo do mundo todo. Unha presentación en que poderás descubrir artistas a cantar na túa lingua en 3 continetes diferentes. E varias webs ou lista de youtube con milleiros de cancións. Como di o Manifesto Villalta, polo reencontro didáctico entre a música e a poesía, aproveitemos o talento creativo da cultura galega. E xa, polo mesmo prezo, abramos a xanela ao resto da cultura lusófona.
Os selos ferroláns Ferror Records e CGTH Records organizan o vindeiro 1 de maio, no Centro Cívico de Canido, unha Feira do Disco que, alén do mercado musical, vén chea de actividades paralelas, entre elas a presentación do libro sobre Suso Vaamonde que vén de publicar Fernando F. Rego.
Ler máis: Feira do Disco en Canido (Ferrol) o vindeiro 1 de maio
A máis movida das festas do galego reinicia a súa actividade coa convocatoria do seu concurso máis importante: o Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio cantidades de ata 1.000 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua. O prazo para as bandas se apuntaren na convocatoria 2022 do Cantalingua remata o vindeiro domingo 3 de abril ás 12 da noite.
Ler máis: Cantalingua 2022: prazo para as bandas até o 3 de abril ás 24h