
A Asociación Cultural 25 Xastres organiza a 5ª edición desta feira o vindeiro sábado 14 de marzo de 2020 en Monterroso. O recinto feiral da Cúpula desta vila da Ulloa acollerá as actividades, que se desenvolverán ao longo do día, desde as 10:30h da mañá até as 21:30h da noite.
A AC 25 Xastres de Monterroso naceu hai uns anos co obxectivo de potenciar a nosa cultura e tradicións e asemade reforzar con actividades culturais as feiras, tan presentes e importantes en toda a xeografía galega e nomeadamente na comarca da Ulloa. Baixo este prisma artelláronse algunha das súas propostas, como a Foliada de Santos ou esta Feira do disco e libro galego que chega xa á súa 5ª edición.
Deste xeito, un espazo con facilidade de acceso e amplas zonas de aparcamento como é o recinto feiral da Cúpula converterase nesa xornada nun punto de encontro para as e os amantes da nosa cultura. Un lugar onde poder gozar coa súa vertente máis lúdica, con actuacións ao vivo, sinaturas de libros ou presentacións de distintas propostas culturais.
Velaquí tedes o extenso e interesante programa
PROGRAMA
11.00 --- CONTACONTOS ILUSTRADO de CARBALHO CALERO con Enrique Mauricio e Carlos Taboada. (Lela edicións)
11.00 --- CONVERSA ABERTA "INSTRUCCIÓNS PARA MONTAR UN CARRUSEL" con Berta Dávila e Carlos Meixide, sobre o libro CARRUSEL de Berta Dávila.
11.30--- PRESENTACIÓN "NA HARMÓNICA" con Xico de Carinho e Alba María (aCentral Folque)
12:00 --- PRESENTACIÓN MUSICAL "O NENO E O GRILO, MÁIS ALÓ" con Magín Blanco (Concerto infantil) - Ed. Galaxia
12.50 --- PRESENTACIÓN "BELEZA VERMELLA" con Arantza Portabales. (Galaxia)
13.30 --- PRESENTACIÓN MUSICAL DO ÁLBUM "CONTRAPUNTO" con Tanxugueiras. VERMÚ SHOWCASE.
16:00 --- PRESENTACIÓN "ILLAS A SOTAVENTO" con Henrique Dacosta (Xerais)
16.30 --- CONTACONTOS+ACTIVIDADE con Fani Padullés.
16.45 --- PRESENTACIÓN "CAIRÓN 4" con Alonso Montero, Daniel Salgado e Francisco Pardo. (Instituto de Estudos Ulloáns)
17;30 --- PRESENTACIÓN MUSICAL DO ÁLBUM "A FRAGA DO MEU AVÓ" con Mamá Cabra. CONCERTO ACÚSTICO (Galaxia)
18.20 --- CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO" con Iago López (Xerais)
18.20 --- PRESENTACIÓN "FERREÑAS E ROCK AND ROLL" con Laura Romero e Iria Pedreira. (Baía)
19.00 --- PRESENTACIÓN MUSICAL DO ÁLBUM "A LUZ PRENDIDA" con M.J Pérez.
19.45 --- PERFORMANCE POÉTICO "A BOCA DA TERRA" con Manuel Rivas + sinatura de exemplares VIVIR SEN PERMISO, E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE (XERAIS)
20.30 --- PRESENTACIÓN MUSICAL DO ALBUM "ALA!" con OÎMA.

Estes son as e os escritores que asinarán exemplares na Feira
SINATURAS DE EXEMPLARES
FANI PADULLÉS
CARLOS MEIXIDE
ANA VILA
MARIA LUÍSA PEREIRO
E por último, unha listaxe con todos os expositores
EXPOSITORES
Cris Cras Crus
Lela Edicións
aCentral Folque
Ozoco GZ
Libraría Pedreira
Ton e Son Editorial
Hércules de Edicións
Inquedanzas Sonoras
Carlos Meixide
Helena Salgado
Libraría D´Papel
Antiguallas
Os Tres
Tenda O Fiadeiro
Libraría Meiga
Tenda Cultura
Axóuxere Editora
Chan da Pólvora
Libraría Biblos
Valín Libro Antigo
Libraría Paula
Publicacións Deputación de Lugo
Instituto de Estudos Ulloáns
Crepeo