Este ano parte da crew gzmusiqueira vólvese embarcar na experiencia festivaleira ao longo do país.
Chega o cuarto programa desta temporada de GZmúsica TV, con visita ao Freixo Rock en Vigo, á Festa Treze-Catorze en Salceda de Caselas e ao Festival de Cans no Porriño. Keltoi, Os Diplomáticos de Monte Alto, Camarada Nimoy ou Os Tres Trebóns forman parte desta primeira parte da ruta festivaleira de 2016. Ven connosco nesta ruta festivaleira que acabamos de comezar.
Este ano volvemos ao barco da Chuvia e alí gravamos o terceiro programa desta temporada de GZmúsica TV. Festa en Ribeira e Rianxo conectadas polo barco da Chuvia na primeira festa interportuaria galega.
Estivemos coa Magnifique Bande dos Homes sen Medo, con Mad Martin Trío, Con Dog Rose, coa Punkestra Chumeiras e con Quempallou. Comimos mexilóns abordo, tirámonos polo chan en Rianxo e falamos con moitas das enroladas nesta singradura.
Segundo programa da terceira Temporada de GZmúsica TV, dedicado ao festival da Candeloria 2016.
Fomos un ano máis até Lugo e estivemos cos Diplomáticos de Monte Alto, Zoo, Familia Caamagno, Zënzar ou os Poetarras, ademais de falarmos co público, asistir aos cantos de taberna, etc.
Comezamos a terceira Temporada de GZmúsica TV. A pasada fin de semana fomos gravar a Chantada, ao Castañazo Rock.
Nesta décimoterceira edición do Castañazo estivemos con Sés, Liviao de Marrao, Dios Ke Te Crew, La Gossa Sorda, Berri Txarrak e Paddy and the Rats. E tamén nos Cantos de Taberna e nos Xogos Bravús, claro. Aquí tes un programa enteiro dedicado ao que aconteceu na vila do Asma o 31 de outubro de 2015.
SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante...
Rebeliom do Inframundo despedirá o seu disco 'Amor ou Barbárie' nun concerto moi especial na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 16 de maio de 2025. As primeiras cen entradas, cunha...
O dúo vigués formado por Claudia Abril e Marina Carpente presenta novo single,unha muiñeira de Caroi con arranxos propios, acompañado dun fermoso videoclip escrito e dirixido por Miguel Méndez e...
PAVA, a banda de pop liderada pola poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao, vén de publicar nas principais plataformas dixitais O himno da lesión, a súa nova creación. Trátase do segundo e novo...
'Desfacer' é o primer sinxelo adianto do que será o novo traballo de estudio de Michu da Rocha, unha ácida canción funky, que fala en tono irónico do desexo sexual a través dunha cama desfeita....
O tema supón unha nova versión da canción "Movimiento", incluída no álbum da banda vizcaína El Presente, dando como resultado un tema fresco e diferente do orixinal e no que as galegas achegaron...
A banda de rock muradá presentou o 21 de novembro o último adianto do seu novo álbum coa súa canción máis festiva e innovadora. No 2019, Deleiba presentábase ao público con El Último Eslabón e...
Hai un par de semanas Taín comezaba 'Dende a aldea', unha serie de vídeos gravados na contorna natural da súa aldea, na que promete interpretar temas seus e o "que lle apeteza". Polo de agora leva...
O primeiro LP da artista galego-arxentina é un disco creado “para bailar”, no que teñen cabida a electrónica, o afrobeat ou mesmo o reggaeton Os coidados e a comunidade, os instrumentos de raíz, a...
Desde a plataforma de bandas Grupos de Vigo en Loita seguen a reclamar a reapertura do espazo localizado no monte do Castro de Vigo, que conta cun local de ensaio e outras instalacións dirixidas á...
A gala dos Premios da música e da poesía galego-portuguesas aRi[t]mar unirá de novo as dúas beiras do Miño nun acto que decorrerá a vindeira sexta-feira 22 de novembro, no Auditorio de Galicia de...
Os Abrentes de Cerdedo, organizan unha charla sobre música galega no CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo dentro do proxecto “A Defensa da Música Galega”. O vindeiro 15 de novembro, Gabriel Pazos,...