O tema supón unha nova versión da canción "Movimiento", incluída no álbum da banda vizcaína El Presente, dando como resultado un tema fresco e diferente do orixinal e no que as galegas achegaron un novo son moi influenciado polas súas raíces tradicionais.
En palabras de Shinova: "Cuando coincidimos por primera vez con Tanxugueiras en un escenario nos quedamos prendados con su directo, por toda esa contundencia sónica al servicio de unas voces melódicas y poderosas que nos conectaban con las raíces ancestrales de la música”.
É por iso que mesmo rebautizaron a canción para adaptala ao galego: "Siempre nos ha atraído artísticamente el folklore, especialmente el gallego, y, en muchas ocasiones, nos hemos acercado, tímidamente, a esos sonidos, pero nunca de manera explícita…hasta esta versión de "Movimiento". Lo que han conseguido Aida, Olaia y Sabela con esta colaboración supera lo que teníamos en mente, llevando una canción que ya era importante en nuestro repertorio a un nivel aún superior".
"Movemento" foi producida por Manuel Colmenero e conta tamén coa produción vocal de Tanxugueiras, da man de Iago Pico en Pouland Studios, e coa gravación de guitarras e voz de Gabriel a cargo de Erlantz Prieto en Atlas Estudo. Mantendo a esencia de “El Presente”, a súa mestura e mastering final foron realizadas por Manuel Colmenero nos Estudos Sonobox de Madrid. O vídeo lyric e a portada son obra do deseñador José Lozano aka Murciano total.