'Desfacer' é o primer sinxelo adianto do que será o novo traballo de estudio de Michu da Rocha, unha ácida canción funky, que fala en tono irónico do desexo sexual a través dunha cama desfeita. Gravado en Escusalla Sonora e con videoclip de Juancho Everman, o tema mostra a irreverencia e o humor que marcan as letras da banda.
O proxecto musical «Michu da Rocha» xorde a finais do verán de 2021 pola motivación persoal do músico vigués Michu Malvar de amosar a súa intensa actividade como creador das súas propias composicións. A súa música ten un marcado carácter daquel rock n’ roll dos anos 60 con toques de surf, funk e podendo chegar as veces a ser tan sucia como o garage. Destaca cunha forma particular de misturar o son «vintage» co son moderno, sen artificios onde predomina a naturalidade dos instrumentos, a garra da súa voz tan persoal e unhas rítmicas moi ligadas ao baile. Na actualidade conta con temáticas nas que se mistura o humor, o surrealismo e letras irreverentes que frecuentan a idiosincrasia galega. Con retrousos nos que poden facer os coros ata os máis apoucados.