SonRías Baixas deu a coñecer o cartel completo da súa próxima edición, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025 na localidade de Bueu (Pontevedra). Despois de conseguir reunir durante as súas tres xornadas a máis de 26.000 asistentes na súa pasada edición, converténdose na máis multitudinaria ata a data, o festival aposta de novo por ofrecer un cartel que inclúa unha proposta musical fresca, sen cinguirse a un só estilo concreto, reunindo unha programación variada estilisticamente na que prima a calidade e que é reflexo da enorme heteroxeneidade que prima na música hoxe en día.

Un ano máis o festival conta entre as súas confirmacións, 24 en total, con algúns dos artistas nacionais máis importantes e relevantes do panorama musical actual (La Raíz, o vigués Sen Senra, Judeline ou Carolina Durante), ás que se unen proxectos consolidados de moi diversos xéneros e procedencia (Alizzz, Niña Polaca, Nena Daconte, Delaporte, Marlena ou Vega). Ademais, SonRías Baixas seguirá en 2025 apostando por incluír unha nutrida representación de bandas emerxentes (Melifluo, Griso e Maestro Espada), predominando en moitas delas o talento feminino (Cariño, Shego, Pipiolas) e galego (Baiuca, Carlos Ares, The Rapants, Grande Amore, Capital Voskov e Luís Fercán), e que chegan forte para reivindicarse como a nova e prometedora xeración da nosa música. De novo o festival mantense fiel á súa aposta por ofrecer un cartel no que as mulleres xogan un papel determinante, estando constituídas integramente por mulleres ou contando con elas entre as súas filas máis da metade das bandas que visitarán o festival en 2025. Ademais, xoga un importante papel como dinamizador da economía local, xerando en 2024 un impacto económico no territorio de 2,3 millóns de euros e dando traballo pre, durante e post a súa celebración a case 1000 persoas. Este labor foi recoñecida nos Iberian Festival Awards, que outorgaron ao festival o premio na categoría Best Touristic Promotion. Este premio é xa o terceiro IFA que recibe o evento, tras ser galardoado en 2020 co Excelence Award para Jordi Lauren, director do festival, e co correspondente a Best Communication & Marketing Strategy na edición de 2022.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.