Hai un par de semanas Taín comezaba 'Dende a aldea', unha serie de vídeos gravados na contorna natural da súa aldea, na que promete interpretar temas seus e o "que lle apeteza". Polo de agora leva subidos un par de temas de autoría propia, que podes escoitar neste artigo.

Desde unha aldea ourensá Taín apreséntanos unha proposta de cantautor aproado ao rock, cando menos nos dous temas que vén de subir nos últimos días a Youtube, cunha sonoridade apegada ao rock español dos anos 80. Unha voz potente e fermosa, que tamén logo nos trae a lembranza algunha das mellores gorxas da escena estatal daquela década, e un aire de melancolía que aniña aquí e alá nos seus temas semellan ser os sinais de identidade de Taín, habitual dos escenarios ourensáns mais pouco coñecido noutras zonas do país.

Doce Cristina foi o primeiro 'Dende a aldea'

En GZmúsica aínda non tivemos oportunidade de ver a Taín ao vivo, mais o que se pode ver nas súas redes sociais, con reels dos seus concertos este verán -Arca da Noe, Barbaña Blues, Leiro, etc- apuntan a un directo de calidade que xa temos ganiñas de poder gozar.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.