17 de maio, día das Letras, quixemos compartir convosco esta viaxe polo hip hop feito en galego e portugués ao longo do mundo todo. Unha presentación en que poderás descubrir artistas a cantar na túa lingua en 3 continetes diferentes. E varias webs ou lista de youtube con milleiros de cancións. Como di o Manifesto Villalta, polo reencontro didáctico entre a música e a poesía, aproveitemos o talento creativo da cultura galega. E xa, polo mesmo prezo, abramos a xanela ao resto da cultura lusófona.
Na primeira páxina da presentación, tes links a diferentes webs ou listas de reprodución de cada un destes países: Galiza, Portugal, Cabo Verde, Brasil, São Tomé e Príncipe, Angola e mais Moçambique. Se avanzas cara ás seguintes páxinas, encontrarás vídeos en Europa, África e no Brasil, exemplos do hip hop das dúas beiras do Atlántico.