O Encontro de Música Aberta da Fundación Paideia Galiza celebra a súa primeira edición na Coruña o día 6 de novembro. O EMA é unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia parasintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e lúdica aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networkingO I Encontro de Música Aberta (EMA) terá lugar estemércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco–Quinta Avenida, 91), baixo o lema “Estamos en sintonía”
“Estamos en sintonía”. Así chega o I Encontro de Música Aberta a Galicia este mes de novembro: coa idea de sintonizar ao sectormusical galego en torno a unha xornada aberta a todos os públicos centrada na formación, o debate e o networking.Deste xeito, esta nova iniciativa daFundación Paideia coa colaboración da Xunta de Galicia terá lugar o próximo mércores, 6 de novembro, de 07.00 a 14.00h, nos Estudios Mans da Coruña (Polígono de Pocomaco –Quinta Avenida, 91). O acceso a este I Encontro de Música Aberta (EMA) é libre ata completar a capacidade do espazo, con inscrición previa a través da plataforma https://www.paideia.es/encontro-musica-aberta/.
No programa participarán o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espectáculo Resoando no pasado e cunha masterclass de creación de instrumentos, e o dúo Soleado,o novo grupo de fusión indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodríguez, que participarán nu nshowcase comentado. O diálogo chegará da man de Laura Iturralde, que moderará a conversa creativa Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo, xunto aos artistas Marta Verde, Teresa Tresandíe Víctor García Aka Death Whistle. Antes, para darlle o pistoletazo de saída á iniciativa, de 07.00 a 09.00h, terá lugar a retransmisión en aberto, con público en directo, do programa de referencia de Radio 3 Hoy empieza todo, guiado polaxornalista Irene Valiente.
PROGRAMA I ENCONTRO DE MÚSICA ABERTA DE FUNDACIÓN PAIDEIA
7.00 a 9.00h.Retransmisión en directo de Hoy empieza todo, de Radio 3, con Irene Valiente.
9.00 a 9.30h.Café.
9.30 a 10.45h. Abraham Cupeiro: Resoando no pasado.
10.45 a 11.30h. Abraham Cupeiro Masterclass de construción de instrumentos.
11.30 a 12.00h. Café.
12.00 a 12.30h.Showcase comentado de Soleado.
12.45 a 13.50h.Show Must Go On!: da teoría á práctica dos espectáculos en vivo: Diálogo creativo coa moderadora Laura Iturralde e a participación de Marta Verde, Teresa Tresandí e Víctor García Aka Death Whistle.
13.50 a 14.00h. Peche institucional.