Os selos ferroláns Ferror Records e CGTH Records organizan o vindeiro 1 de maio, no Centro Cívico de Canido, unha Feira do Disco que, alén do mercado musical, vén chea de actividades paralelas, entre elas a presentación do libro sobre Suso Vaamonde que vén de publicar Fernando F. Rego.

O vindeiro 1 de maio no Centro Cívico de Canido terá lugar a Feira do Disco organizada por Ferror Records e CGTH Records. Na Feira participarán alén dos selos organizadores, outros selos ferroláns, Pafff Bum Discos, SoundsLikeSunday Records e mais Tualmonteyoalmar, así como os selos Radix Records, Uterzine e Lar Gravacións. 

Paralelamente, haberá distintas actividades culturais.  A proposta musical virá, por unha banda, da man dun concerto acústico de Los Eternos ás 13:30. Os de Cedeira veñen de presentar “Sonora” (Milana Música / Ferror Records, 2021). Por outra, haberá picadas de discos ao longo do día, con Agostinho DJ, Maritxu Alonso e Óscar CGTH.

A Feira tamén acollerá a presentación do libro “Suso Vaamonde. A Canción Libre e Comprometida dun Pobo” (Galaxia, 2022) a cargo do autor, Fernando Fernández Rego, ás 12:45. O autor, administrador de LaFonoteca.net e autor de varios libros sobre a musica do país, reivindica a figura dun artista pioneiro en moitos aspectos, entre eles o de manter un compromiso que o levou a ser o primeiro músico do estado en ser condenado pola súa obra na época democrática. 

A proposta dun día centrado na música da man dos selos independentes de Ferrolterra estenderase da apertura de portas ás 12:00h deica ao peche ás 19:30. Haberá tamén Ambigú e Food Truck para poder xantar.

 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.