Cultura

A primeira vez foron Verónica Codesal e a gaita galega ás que, da man de Urban Trad, levaron a música galega a Eurovisión, concretamente a Letonia en 2003. Agora serán os NAO os que leven a nosa lingua e a nosa música ao festival europeo. Porén, nesta ocasión será ben distinta ao que acontecera no 2003. Se daquela a integrante das Ialma levou un petisco da música de noso, desta volta será música 100% galega pero representando a Andorra. Despois da votación realizada esta fin de semana pola RTVA, a banda galega resultou a sorprendente gañadora e vén de confirmar que acepta o convite.


O pasado 14 de marzo, o ciclone Idai arrasou Moçambique. Máis de 4 000 mortos e medio milhão de afectados, no "maior desastre natural do hemisferio sul" segundo a ONU. A artista moçambicana Selma Uamsusse, lisboeta de adopção desde os 6 anos, é a mentora e organizadora de "Mão dada a Moçambique" un evento solidario que terá lugar o vindouro 2 de abril en Lisboa. Máis de 40 artistas portugueses e internacionais, entre os que se encontra a galega Uxía, tomarão parte no concerto.


O certame das músicas emerxentes que organiza a Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela, bota andar neste 2019. Unha nova edición do Eclosom dá comezo co obxectivo de promover as novas bandas que canten  en galego e con presenza feminina.

Un ano máis chega o concurso Cantalingua, pensado para dar a coñecer entre o público máis novo a música que se está a facer no noso país.  Así que xa podedes participar no Cantalingua 2019, o concurso musical do Correlingua. Cantalingua é un concurso musical destinado a bandas ou solistas que desenvolven a súa actividade en galego. Poden participar grupos musicais ou solistas de calquera estilo que teñan o galego como lingua.


A asociación MIM créase no 2016 co obxectivo de dar visibilidade a todas as mulleres da industria musical. En dous anos de existencia a asociación pasou de 30 a máis de 300 asociadas e asociados, contribuíu a introducir mulleres en paneis, xurados, mesas de debate, profesorados, e tamén nalgúns escenarios. Xerou unha web de libre consulta que da visibilidade a artistas e profesionais do sector, e seguirá traballando para que a igualdade de condicións e representación entre mulleres e homes do sector, sexa efectiva, e para que todas e todos sexamos conscientes, que coa igualdade no terreo profesional, e a igualdade no plano persoal, a sociedade só pode mellorar.

Desde GZmúsica apoiamos o manifesto Festigal, festa da liberdade publicado por artistas galegas. Contra a involución democrática, a represión e mais a censura. Pola liberdade de poder berrar ben forte as miserias do estado que nos oprime e aínda pretende que quedemos caladas. Súmate ao manifesto!


Nunha gala celebrada onte, mércores 18, nas Bodegas Martín Códax de Cambados, déronse a coñecer as propostas finalistas nas distintas categorías destes premios da música galega. Espiño, Som do Galpóm, The Lákazans, Uxía, Caxade, Chotokoeu ou Ig Mig entre os finalistas. Músicas Galegas Ilustradas, Tolemias.tv e Ábrete de Orellas, finalistas entre os medios de comunicación.


Compostela Conversa é un ciclo exclusivo que busca unir artistas de prestixio a través de fíos comúns, non sempre visibles. A vindeira cita será con Presumido e BFlecha, o 13 de abril no Teatro Principal de Santiago. As entradas poden mercarse a un prezo de 10 euros (50% cos descontos habituais).

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.