A Associaçom José Afonso - Galiza inicia a sua trajectória para dar a conhecer o labor deste artista que contribuiu a popularizar reivindicaçons políticas e sociais com a sua música e acadou sona mundial con mensagens que transcendem a fronteira do tempo. Esta associaçom, conformada como um núcleo da AJA-Portugal, tem previsto um completo programa de actividades para o sábado 27 de Janeiro em Santiago de Compostela que inclui umha palestra, umha exposiçom e um concerto homenagem onde actuarám artistas com ligaçom para o Zeca Afonso.
Vai uns meses comentabámosvos do proxecto Galicia Fest, proxecto que foi TFG de 4 rapazas na Universidade da Coruña. Pois hoxe traemos outro proxecto tamén feito por xente nova, estas xa non son estudantes, se non que xa están máis que graduadas en xornalismo, mais como no país hai moita gana de facer cousas… Olaia Tubío, David Fontán, Raquel Pérez e Alejandro Gándara tráennos outro proxecto, pero desta volta o proxecto vén máis centrado na tradición e na orixe da nosa música. Porén, esta presentación de Punto e Volta non é o inicio dun novo proxecto con punto e seguido, senón que é un punto e final, ou cando menos un punto e á parte, porque con tanto fervello que a nosa xente ten no cu nunca se sabe. Hoxe venres 15 de decembro, das 21h ás 23h presentase o proxecto Punto e Volta no Auditorio de Cerceda. Así que non perdades a oportunidade porque tamén é o peche do mesmo.
O documental sobre a emigración galega en terras vascas e os vínculos xurdidos entre ambas as culturas chega hoxe, 22 de novembro, a Compostela. Será proxectado dentro do Cineuropa, ás 20h na sala NUMAX. Aquí podedes ver un tráiler desta interesante película.
Ler máis: Sitio Distinto Dokumentala estréase hoxe en Galiza
A República Creativa de Boiro conectará o seu potencial local con outros axentes profesionais do pais o vindeiro sábado 18 de novembro. Mesas redondas, masterclass e música, como non podía ser doutro xeito, nestas segundas xornadas Boiro Territorio Musical que xuntarán na vila do Barbanza músicos locais e profesionais do sector de todo o país.
Despois da vaga de lumes que volveu arrasar o país máis unha vez, sucédense as iniciativas a prol da recuperación do monte. Tamén no mundo da música, que xa celebrou algún concerto solidario con músicos directamente afectados pola traxedia, e que hoxe sábado organiza un concerto expansivo en varias vilas e cidades de Galiza. A recadación será destinada a proxectos pedagóxicos e de recuperación ambiental de varios colectivos.
Fiateira Motor, concesionario oficial Fiat Professional na Coruña e pertencente ao grupo Pérez Rumbao, pon en funcionamento durante os meses de setembro e outubro a iniciativa de RSC “Fiateira Motor❤Music”. Esta iniciativa pon a disposición de grupos de música de Galicia unha furgoneta Fiat Professional para que poidan acudir e levar o seu equipo aos seus concertos en salas e festivais.
Este venres 2 de xuño, Chapela acollerá o Concerto por Sesé. Un acto contra a violencia machista que levou a vida desta muller hai uns meses e que, ademais de lle render homenaxe, recollerá fondos para axudar a familia na reconstrución da súa vivenda, totalmente destrozada cando a súa ex-parella decidiu asasinar a Sesé, no enésimo caso de terrorismo machista que sofren as mulleres deste país. Dakidarría, Sés, Zamaramandi e Siniestro Total, pasarán polo escenario nun acto presentado por Isabel Risco. A día de hoxe, 31 de maio de 2017, 58 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista en todo o Estado.
Na Festa dos Nomeados que está a ter lugar agora mesmo nas adegas Martín Códax de Cambados déronse a coñecer os finalistas das distintas categorías dos Premios da Música Martín Códax. Por terceira vez consecutiva, o noso webzine encóntranse entre os finalistas na categoría de Espazos de Comunicación, compartindo candidatura este ano con Zig-Zag da TVG e Onda Vital da RG. Dakidarría, Os amigos dos músicos, O Sonoro Maxín, Sonia Lebedinski ou entre os finalistas.
Ler máis: Danse a coñecer os finalistas dos IV Premios Martín Códax