O 18 de marzo do 2017, a Asociación Cultural 25 Xastres, organiza en Monterroso a II Feira do disco e libro galego. Ademais da presentación de novidades editoriais ben interesantes, como o último de Riveiro Coello ou Vázquez Pintor, ao longo da intensa xornada deste sábado haberá moita música. Ataque Escampe, Berlai, Pablo Díaz, Silvia Penide ou Milesios estarán presentando os seus discos. Hai máis, bótalle unha ollada á completa programación da feira e anímate a pasar por Monterroso este sábado para apoiar a cultura galega.

Un concepto que une dous elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular. Stands para ollar, imaxinar e desfrutar, e a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e actividades en espazos integrados na feira.

 

PROGRAMA

 

10:45 APERTURA

 

11:00 CONTACONTOS "MAX E LEA" con Fani Padullés.

STAND HÉRCULES

 

11:00 a 12:00 OBRADOIRO INICIACIÓN ILUSTRACIÓN

con Leandro Lamas. (Para nenos de 6 a 12 anos con reserva)

 

11:35 PRESENTACIÓN DO POEMARIO INFANTIL "BICOS"

con Xosé Vázquez Pintor.

 

12:15 CONCERTO INFANTIL  "CANTA A LÚA COAS ESTRELAS"

co grupo Os Piñeiriños.

 

13:10 PRESENTACIÓN DO LIBRO "PITUXA, A FANTÁSTICA

HISTORIA DA NENA DA CACA DE OURO"

con Marcos López Concepción.

 

 

16:00 CONCERTO "CANTOS DE LEMBRANZA"

DE XOSÉ NEIRA VILAS  con Manoele de Felisa.

 

16:45 PRESENTACIÓN DO LIBRO "A FERIDA DO VENTO"

con Antón Riveiro Coello.

 

17:15 ACTUACIÓN INFANTIL "TIC TAC- TOC TOC"

con Pablo Díaz.

 

18:15 PRESENTACIÓN DO LIBRO "O ANXO NEGRO"

con Manuel Gago.

 

19:15  SHOWCASE DISCO INDOEVINDO

co grupo Milesios.

 

19:45 PRESENTACIÓN DO LIBRO "LATEXOS DUNHA LABREGA"

con Ana Vila.

 

20:15 SHOWCASE DISCO "PRIMEIROS BICOS"

co grupo Ataque Escampe.

 

20:50 PRESENTACIÓN DA REVISTA

INSTITUTO DE ESTUDOS ULLOÁNS.

 

OUTRAS ACTIVIDADES

 

SINATURAS DE DISCOS E LIBROS/SHOWCASES

 

12:00 BERLAI (SHOWCASE)

 

13:00 ANA MEILÁN SINATURA "LÁGRIMAS BAJO LA CAMA"

 

17:00 BERLAI: SINATURA DISCO-LIBRO "DESCONHECIDO"

 

18:00 EMILIO RÚA: SINATURA DISCOS

 

19:00 XOÁN CURIEL: SHOWCASE "ECUACIÓNS"

 

20:00 SILVIA PENIDE: SHOWCASE "TODO PINTADO DE PLATA"

 

MOSTRAS E EXPOSICIÓNS

 

LÁMINAS JUANLU FERNÁNDEZ "GARABATOS DE JUANLU"

 

ILUSTRACIÓNS ORIXINAIS LEANDRO LAMAS (POLA MAÑÁN)

 

PODEN CONSULTAR O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

 {fcomments}


Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.