O concurso musical organizado polo Correlingua volta un ano máis para encher de música do país as carreiras populares que organizan AS-PG, CIG e A Mesa durante o mes de maio. O prazo para se inscribir no concurso remata o 1 de abril e o premio será actuar nas diferentes carreiras do Correlingua entre o 2 e o 16 de maio, cunha remuneración de 600€ brutos por actuación.

No Cantalingua poden participar grupos ou solistas que teñan o galego como lingua. Coma en anos anteriores, cada grupo participante debe enviarnos unha canción orixinal en formato MP3 a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Valorarase especialmente que se trate dun tema creado para a actividade. O lema do Correlingua deste ano é "en galego, sen cancelas".

Ademais do tema en formato MP3 deberase enviar unha pequena presentación da banda ou solista e unha fotografía, e indicar un enderezo electrónico e teléfono de contacto. O prazo para entregar as propostas remata o 1 de abril do 2017.

O premio do Cantalingua consiste en actuar para un público escolar dentro da programación do Correlingua entre o 2 e o 16 de maio de 2017 en horario de mañá. As actuacións repartiranse entre os tres primeiros
clasificados de maneira equitativa e de acordo coa súa dispoñibilidade, cunha remuneración de 600 € brutos por actuación.

Podedes consultar en liña as BASES DO CONCURSO

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.