Facemos 5 anos e temos moitas sorpresas para vós. A primeira, a mellor sen dúbida. Hoxe 1 de abril podemos anunciar oficialmente que fichamos pola TVG. Concretamente, a Galega 2 emitirá os nosos programas de GZmúsica TV a partir do vindeiro mes. Todos os xoves ás 22:00h con repetición domingo ás 11:30h da mañá en substitución da Santa Misa, que pasará a ser emitida nunha nova canle de Youtube, creada a mitas entre Esmerarte e Santa Guerrilla. Nos vindeiros días realizaremos o casting para os e as presentadoras do novo formato, xa que Lety, Dani, Vitor e Purpurinas nin dan a talla nin queren colaborar na retirada da Santa Misa das nosas TVs.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2017
Todo partiu dunha moción no Parlamento presentada polo cómite de Normalización Lingüística do PSdG, apoiada polo PP e aprobado despois da abstención do BNG, doídos porque a idea non foi deles, e da Marea, que se mantén firme na súa defensa do labor normalizador da Santa Misa. No primeiro programa, o propio presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura inaugurarán a temporada de festivais galegos -barállase o Festival da Liberdade como posible marco do acto- cortando unha fita coas cores das bandeiras galega e española e convidando aos e ás festivaleiras a licor de café (o malo) e pastas.
Tendo en conta a magnitude do salta adiante de GZmúsica, coincidente neste 1 de abril co noso 5º aniversario, vémono na obriga de prescindir dos noso vellos presentadores -por outra banda, molestos por eliminar da grella a misa- e convocamos un casting que terá lugar en datas próximas na Cidade da Cultura. Os e as interesadas terán que enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando a súa relixión, confirmando se teñen pene ou vulva e cunha pequena gravación (vale feita co móbil) na que expliquen brevemente porque pensan que son idóneos ou idóneas para o posto.
Vamos alá! Aínda que nos doa enormemente retirar a Santa Misa da TV dos galegos e galegas sabemos que terá bo acomodo na nova canle de Youtube creada ad hoc por Esmerarte e Santa Guerrilla e para nós é unha oportunidade inigualable para achegar a nosa proposta aos fogares galegos.
{fcomments}