"Distintos pobos, unha única loita - Hamaika herri, borroka bakarra." Baixo esta epígrafe en galego e eúscaro atopamos unha iniciativa de solidariedade internacionalista que ha xuntar Son da Rúa, Nao e os vascos Odolaren Mintzoa nunha xeira de concertos que comeza cunha festa Pre-Concerto esta quinta-feira 22 de febreiro no Avante de Compostela.

Todo vai comezar este xoves, coa Festa Pre-Concerto no Avante. Agasallos, sorpresas, licor café, sorteos... E para pór o ramo, a presentación durante a noite dunha canción que os Nao tiñan ben gardadiña. No tema colaboran SonDaRúa e as Tanxugueiras. Se aínda non tes a túa entrada para o concerto que se celebrará na Malatesta o 3 de marzo, podes levar unha de balde na festa do Avante. Se xa a mercaches, podes saír de alí con discos e camisolas, polo papo, de NAO e Odolaren Mintzoa.

3 de marzo en Compostela, na Malatesta, e 24 de marzo en Euskal Herria. Dúas únicas datas antes do verán dos Nao, para pór enriba da mesa a solidariedade internacionalista. E ao carón dos da Estrada, dúas bandas novas de enorme proxección presentando disco en Compostela o 3 de marzo: SonDaRúa e Odolaren Mintzoa. E Nao facendo un repertorio longo feito a medida das propostas das seareiras -no seu facebook tes info- incluíndo temas de todos os nosos discos. Colaboracións moi especiais, e demais sorpresas que serán desveladas aos poucos. En definitiva, unha festaza que non te podes perder!!! 

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.