A República Creativa de Boiro conectará o seu potencial local con outros axentes profesionais do pais o vindeiro sábado 18 de novembro. Mesas redondas, masterclass e música, como non podía ser doutro xeito, nestas segundas xornadas Boiro Territorio Musical que xuntarán na vila do Barbanza músicos locais e profesionais do sector de todo o país.
O departamento de Cultura do concello de Boiro, e dentro do proxecto República Creativa, dará continuidade ás II Xornadas da Música Boiro, Territorio Musical un ano máis. A segunda edición destas xornadas xorden como consecuencia da realidade musical local que se viviu durante o último ano no municipio e que converteron a localidade boirense nunha potencia musical de referencia de cara ao exterior.
Boiro, Territorio Musical, desenvolverase o vindeiro 18 de novembro no Centro Social de Boiro e convertendo ao municipio nun lugar de referencia dentro sector musical a través dun encontro no que reflexionar, intercambiar experiencias e promover accións formativas específicas basadas no potencial local.
As xornadas comezarán ás 10.30 da mañá cunha mesa redonda na que se falará da Música como factor de desenvolvemento territorial, coa presenza de Julio Gómez (director da promotora SinSal Audio e impulsores do Festival SinSal e Monumenta Son Estrella Galicia Formentera), Rosa Salgado (pertencente á Miraxe Soc. Coop. Galega, produtora, coordinadora e management en festivais como o Festival Intercéltico do Mundo Celta de Ortigueira, Festival 17ª da Ribeira Sacra, ou Festival de Jazz de Vigo entre outros) e Patricia Hermida (de DotBeat, manager de Agoraphobia, Heredeiros da Crus, Javi Maneiro e directora do Festival Cidade Europea do Viño de Cambados) a mesa estará moderada por Marián Fernández da cooperativa viguesa O Cable Inglés.
A mañá finalizará coa mesa redonda Boiro, Potencia Musical, que dánome a estas xornadas na que se falará sobre a situación actual da música na localidade contando coa presenza de artistas locais que viven actualmente da música. Fran Velo, Heredeiros da Crus e The Lákazans, Susana Saavedra, Agoraphobia, Luis Miranda, da cooperativa musical Sonaxe, e Carme Tubío, musicóloga e violonchelista da orquestra Vigo 430. Moderará a mesa Alberto García, técnico de cultura do Concello de Boiro e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).
Dentro do programa destaca tamén unha Masterclass a cargo de Xosé Lois Romero do grupo tradicional Aliboria, quen impartirá unha sesión de Multipercusión Tradicional dirixida ao alumnado da Escola de Música de Boiro (inscricións no teléfono 981 842 635)
A clausura desta xornada será a cargo dunha mesa redonda na que se reflexionará sobre a situación das mulleres e o nesgo machista existente na industria musical, Mulleres referentes na Musica. Igualdade e Visibilidade contará coas produtoras musicais galegas de referencia como son Rosa Salgado (Miraxe Soc. Coop. Galega) e Cecilia Carballido (Cunde Soc. Coop. Galega) coa presenza da asociación MIM (Mujeres de la Industria Músical) representada por Patricia Hermida e coa cantante galega Guadi Galego. A mesa estará moderada por Sonia Lebedynski. A nota musical destas xornadas será, na Casa da Cultura Ramón Martínez López cun concerto da Banda de Música de Boiro ás 20.30 e posteriormente na sala de concertos A Pousada das Ánimas co grupo The Rebels ás 23.30. A asistencia das xornadas é totalmente gratuita e comezarán o vindeiro sábado 18 de novembro ás 10.30 no salón de actos do Centro Social de Boiro. Máis {fcomments}