Despois da vaga de lumes que volveu arrasar o país máis unha vez, sucédense as iniciativas a prol da recuperación do monte. Tamén no mundo da música, que xa celebrou algún concerto solidario con músicos directamente afectados pola traxedia, e que hoxe sábado organiza un concerto expansivo en varias vilas e cidades de Galiza. A recadación será destinada a proxectos pedagóxicos e de recuperación ambiental de varios colectivos.

Nós últimos días levamos subido un bo número de vídeos de bandas galegas creados a partir do desacougo e a raiba provocados polo desastre dos lumes no noso monte. Berlai, Rebeliom do Inframundo, A Compañía do Ruído, Cantares do Brión, os novísimos Ray Preiland Band e incluso antes da última traxedia outros como Golpe Radikal expresaron dores pero tamén causas da peste que ciclicamente arrasa un monte abandonado, convertido nun eucaliptal continuo. E xa houbo algunha iniciativa encamiñada a recoller fondos para músicos, como o violinista Harry Price (Fanfarria Taquikardia, A Roda, MacFeck,...), directamente afectados polos incendios. Hoxe sábado preséntase unha nova iniciativa solidaria, que se desenvolverá simultaneamente en Compostela, Ferrol, Ourense, Maceda de Trives, Vila de Cruces, Vilar de Santos e Mos. Aquí vos queda o comunicado realizado polo grupo de músicas movilizadas coa traxedia vivida hai uns días. Máis info no seu blogue.

Este sábado expándese a música polo país. Por un Monte Vivo. Por dignidade. Por unha nova política forestal. Porque esiximos responsabilidades na xestión da vaga de lumes de outubro.

O Concerto Expansivo por un Monte Vivo celébrase simultáneamente o sábado 4 en:

OURENSE.

21h El Pueblo Café Cultural: Ménage à trois grupo, Blues do País, Thetetasvan Van e O Sonoro Maxín.

COMPOSTELA

21h A Gramola Café: Regueifesta e Banda da Gramola

20h Gentalha Do Pichel: Gergelyes, Paula Carballeira e Foliada Popular

FERROL

22h Fundaçom Artábria: Rottentown e Iron Hunter.

MOS

18h CSCD As Pedriñas: Asacocirco Compañia, A Vacaloura Vermella e Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva

VILAR DE SANTOS 18h A Arca da Noe: A Banda dos Cueiros

MANZANEDA 21h Festival A Rebusca: Maskarpone OU, Cé orquestra pantasma e Leo Arremecághona

VILA DE CRUCES 21.30h A Esghalla: Charabiscas e Musicantes

Solidariedade: O diñeiro recadado no Concerto Expansivo destínase integramente a proxectos pedagóxicos e de recuperación medioambiental dos colectivos:

Asociación Ecoloxista Adega, Amigos da Terra , Amigos das Arbores da Limia e Amigas das árbores · Ourense

{fcomments}

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.