Fiateira Motor, concesionario oficial Fiat Professional na Coruña e pertencente ao grupo Pérez Rumbao, pon en funcionamento durante os meses de setembro e outubro a iniciativa de RSC “Fiateira Motor❤Music”. Esta iniciativa pon a disposición de grupos de música de Galicia unha furgoneta Fiat Professional para que poidan acudir e levar o seu equipo aos seus concertos en salas e festivais.

Deste xeito, Fiateira Motor quere axudar a que as bandas poidan amosar a súa arte alá onde o desexen e apoiar o talento musical emerxente de Galicia, cedendo un equipo tan necesario como é o transporte, que adoita resultar custoso para os grupos. Con esta campaña tamén se elaborou merchandising, como chapas e camisetas, que se poderá conseguir a través dun concurso na súa páxina de Facebook. Ata a data, xa puideron subir á furgoneta de “Fiateira Motor❤Music” bandas como Terbutalina, Bala ou Agoraphobia.


Nela puideron acudir a concertos en cidades como Barcelona, Zaragoza ou Valladolid. Fiateira Motor é ademais concesionario oficial das marcas Fiat, Alfa Romeo, Jeep e Abarth. Encóntrase na Coruña, no Polígono da Grela.

Máis información fiateiramotor.com - facebook.com/FiateiraMotor Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.