Cultura

A República Creativa de Boiro conectará o seu potencial local con outros axentes profesionais do pais o vindeiro sábado 18 de novembro. Mesas redondas, masterclass e música, como non podía ser doutro xeito, nestas segundas xornadas Boiro Territorio Musical que xuntarán na vila do Barbanza músicos locais e profesionais do sector de todo o país.

Despois da vaga de lumes que volveu arrasar o país máis unha vez, sucédense as iniciativas a prol da recuperación do monte. Tamén no mundo da música, que xa celebrou algún concerto solidario con músicos directamente afectados pola traxedia, e que hoxe sábado organiza un concerto expansivo en varias vilas e cidades de Galiza. A recadación será destinada a proxectos pedagóxicos e de recuperación ambiental de varios colectivos.

Fiateira Motor, concesionario oficial Fiat Professional na Coruña e pertencente ao grupo Pérez Rumbao, pon en funcionamento durante os meses de setembro e outubro a iniciativa de RSC “Fiateira Motor❤Music”. Esta iniciativa pon a disposición de grupos de música de Galicia unha furgoneta Fiat Professional para que poidan acudir e levar o seu equipo aos seus concertos en salas e festivais.

Este venres 2 de xuño, Chapela acollerá o Concerto por Sesé. Un acto contra a violencia machista que levou a vida desta muller hai uns meses e que, ademais de lle render homenaxe, recollerá fondos para axudar a familia na reconstrución da súa vivenda, totalmente destrozada cando a súa ex-parella decidiu asasinar a Sesé, no enésimo caso de terrorismo machista que sofren as mulleres deste país. Dakidarría, Sés, Zamaramandi e Siniestro Total, pasarán polo escenario nun acto presentado por Isabel Risco. A día de hoxe, 31 de maio de 2017, 58 mulleres foron asasinadas polo terrorismo machista en todo o Estado.

Na Festa dos Nomeados que está a ter lugar agora mesmo nas adegas Martín Códax de Cambados déronse a coñecer os finalistas das distintas categorías dos Premios da Música Martín Códax. Por terceira vez consecutiva, o noso webzine encóntranse entre os finalistas na categoría de Espazos de Comunicación, compartindo candidatura este ano con Zig-Zag da TVG e Onda Vital da RG. Dakidarría, Os amigos dos músicos, O Sonoro Maxín, Sonia Lebedinski ou entre os finalistas.

Facemos 5 anos e temos moitas sorpresas para vós. A primeira, a mellor sen dúbida. Hoxe 1 de abril podemos anunciar oficialmente que fichamos pola TVG. Concretamente, a Galega 2 emitirá os nosos programas de GZmúsica TV a partir do vindeiro mes. Todos os xoves ás 22:00h con repetición domingo ás 11:30h da mañá en substitución da Santa Misa, que pasará a ser emitida nunha nova canle de Youtube, creada a mitas entre Esmerarte e Santa Guerrilla. Nos vindeiros días realizaremos o casting para os e as presentadoras do novo formato, xa que Lety, Dani, Vitor e Purpurinas nin dan a talla nin queren colaborar na retirada da Santa Misa das nosas TVs.

O 18 de marzo do 2017, a Asociación Cultural 25 Xastres, organiza en Monterroso a II Feira do disco e libro galego. Ademais da presentación de novidades editoriais ben interesantes, como o último de Riveiro Coello ou Vázquez Pintor, ao longo da intensa xornada deste sábado haberá moita música. Ataque Escampe, Berlai, Pablo Díaz, Silvia Penide ou Milesios estarán presentando os seus discos. Hai máis, bótalle unha ollada á completa programación da feira e anímate a pasar por Monterroso este sábado para apoiar a cultura galega.

O concurso musical organizado polo Correlingua volta un ano máis para encher de música do país as carreiras populares que organizan AS-PG, CIG e A Mesa durante o mes de maio. O prazo para se inscribir no concurso remata o 1 de abril e o premio será actuar nas diferentes carreiras do Correlingua entre o 2 e o 16 de maio, cunha remuneración de 600€ brutos por actuación.

AO VIVO

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.