Hoxe terá lugar o evento Escenario Aberto, que forma parte do proxecto fin de curso do alumnado da Escola de Produción Audiovisual O Raio Verde de Compostela. A cita é ás 20:30h, na Sala Mozart do Auditorio de Galiza. O presentador Pablo Meixe será o encargado de presentar a gala. A proposta é multidisciplinar e no apartado musical contará con Poetarras, MJ Pérez, Canine e Empanadijazz.

Os alumnos e alumnas do último ano do ciclo superior de produción audiovisual, radio e espectáculos da Escola Raio Verde de Santiago de Compostela organizan un evento que se realizará no Auditorio de Galiza (Sala Mozart) hoxe mércores 2 de marzo. Escenario Aberto reunirá diferentes artistas e profesionais da cultura galega nun acto multidisciplinar con novas promesas e figuras consagradas da vangarda galega. O acto comezará as 20:30 horas e as portas do recinto abriranse media hora antes. A entrada é de balde até completar aforo.O presentador Pablo Meixe será o encargado de presentar Escenario Alberto, un evento apadriñado por varios negocios da área compostelá, e que reunirá nun mesmo escenario disciplinas tan diversas como o teatro, a música, a ilustración e a danza. A figuras tan coñecidas como Teresa Moure seunirán o grupo Poetarras, a cooperativa Cestola na Cachola ou o grupo Break Inclán, entre outros. Escenario Aberto forma parte do proxecto de fin de curso dos alumnos e alumnas do Raio Verde.Dez mozos e mozas que queren promocionar o amplo espectro cultural da nosa terra coa intenciónde crear sinerxias que deriven en proxectos conxuntos futuros.

{fcomments}

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.