Un novo fanzine en papel vai darse a coñecer no festival da Candeloria. Alí repartiranse 1.000 exemplares gratuítos do número 0 de Ouve! Coa visión de futuro -e de negocio- que nos caracteriza, vari@s gzmusiqueir@s estamos metidos nesta aventura que naceu terradentro, no Castro de Caldelas. Desde a serra, Xose Manuel Rodriguez deseña e maqueta o fanzine que tamén se imprime en terras ourensás. Xa sabes, abre ben as orellas e...Ouve!
Begoña Roibó ao violino e mais Xosé Liz ao bouzuki e a frauta estarão no palco da Gentalha do Pichel amanhã, sexta-feira 10 de fevereiro, a partir das 22h para animar o primeiro Baile Assalto do ano. Organizado por aCentral Folque, o evento desenvolvera-se no centro social de Compostela. O preço do bilhete é de 5 euros para o público em geral e de 4 euros para alunado d'aCentral Folque e soci@s da Gentalha.
Ler máis: Primeiro Baile Assalto do ano na Gentalha do Pichel
O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces presenta o Proxecto Rock GZ para coñecer e promover a música galega actual. Mañá xoves 9 de febreiro hase inaugurar unha exposición sobre os festivais Castañazo Rock e Cruceiro Rock. Ademais, haberá outras actividades como charlas, audicións, etc. co obxectivo de lles dar a coñecer o rock galego do século XXI ao estudantado.
Ler máis: Proxecto Rock GZ: Do Rock Bravú aos Festivais do século XXI
O 11 de febreiro ábrese un novo ciclo no Teatro Jofre: CINECONCERTOS, tres proxeccións de clásicos do cine silente con música interpretada en directo polos seus propios compositores. Ese día unha formación musical histórica, Pegasus, interpretará a banda sonora que compuxeron para "Berlín, sinfonía dunha gran cidade" (Walter Ruttman, 1927). Os seguintes concertos serán os de Jordi Sabatés (coa peli "Sherlock Jr., de Buster Keaton, 1924) e Caspervek Trio (coa proxección de "The kid", de Charles Chaplin, 1921).
Mércores 27 de xullo de 2016. Será ás 21:00h dentro do ciclo "No verán un conto" que organiza o Servizo de Normaización Lingüística do concello de Vigo. E vai ser na alameda de Bouzas, onde os que son sen dúbida os mellores expoñentes da nova fornada de regueifeiros galegos, é dicir, Luís O Caruncho e Bieito Lobariñas, van mostrar o seu saber á hora de facer brindos. Segundo nos fai saber o colectivo Oralidade Rima Arte Lingua (ORAL de Galicia) haberá tamén novas regueifeiras, pendentes de confirmar, que tomarán parte do evento. Para máis información e novas datas do colectivo regueifeiro, non deixes de visitar a súa web, regueifa.org.
Hoxe terá lugar o evento Escenario Aberto, que forma parte do proxecto fin de curso do alumnado da Escola de Produción Audiovisual O Raio Verde de Compostela. A cita é ás 20:30h, na Sala Mozart do Auditorio de Galiza. O presentador Pablo Meixe será o encargado de presentar a gala. A proposta é multidisciplinar e no apartado musical contará con Poetarras, MJ Pérez, Canine e Empanadijazz.
Ler máis: Escenario Aberto, mércores 2 de marzo en Compostela
O certame organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Compostela escolleu xa os dez finalistas nas categorías de Mellor tema musical galego e Mellor tema musical en portugués. Podes escoitar os temas todos e votar na web do certame pero bule! o prazo remata a final de mes.
O recinto feiral da Cúpula, en Monterroso, acollerá o vindeiro domingo 27 de marzo a primeira edición da Feira do disco e o libro galegos. A Asociación cultural 25 Xastres é a organizadora desta feira e pon a disposición das persoas e colectivos interesados a posibilidade de participar na feira de xeito gratuíto.