O recinto feiral da Cúpula, en Monterroso, acollerá o vindeiro domingo 27 de marzo a primeira edición da Feira do disco e o libro galegos. A Asociación cultural 25 Xastres é a organizadora desta feira e pon a disposición das persoas e colectivos interesados a posibilidade de participar na feira de xeito gratuíto.
A asociación cultural 25 Xastres está a organizar a I FEIRA DO DISCO E LIBRO GALEGO. Trátase dun concepto que combinaría venda de discos e libros en stands, e a posibilidade de gozar de foros e música en directo, nun espazo integrado na propia feira.
Xa están confirmadas as intervencións de Ana Vila (Algo de mín) e Antonio Reigosa (Galicia encantada) ao longo da mañán, e Iglesias Turnes (Que non te aten), Magín Blanco (Canta o cuco), Bruno Villamor (Cántigas e Frores, 60 anos) e Zoelas ao longo da tarde.
A asociación pon á vosa disposición stands cun mostrador de 2.5 de largo por 1 de ancho para expoñer os vosos fondos e produtos de maneira totalmente gratuíta.
{fcomments}